Entradas

CÁMBIOCHE UN BESO POR UN BICO....E SAES GAÑANDO!

Imagen
 NON O DUBIDES.....E NAMÓRATE DA LINGUA!!!!

SAMAIN XA ESTÁ AQUÍ!!!!!

Imagen
 Esta semana estamos celebrando o Samaín, con cabazas terroríficas, merendas e todos e todas vestidas con traxes que dan moito moito medo!!!!!! Que ben o pasamos!!!!!! Mirade algunhas das que fixeron os nosos artistas!!!

CAMISETA EN GALEGO!!!

Imagen
Esta semana celebramos o día da camiseta en lingua galega!!! Como nos últimos anos, foi todo un éxito, e desde aquí, queremos agradecer a todos a súa participación. Alumnos, alumnas e profes fixeron posible unha xornada moi divertida. Debido á pouca oferta de camisetas serigrafiadas en galego, a maior parte das familias obtaron por facelas eles mesmos. E foi marabilloso. Deixámosvos algunhas fotiños para que vexades que artistas temos!!!  GRAZAS!!!

XORNADA DE XOGOS POPULARES 2022

Imagen
 Como cada ano celebramos, na semana das letras galegas, a xornada de xogos populares. Foi un éxito, os nenos e nenas gozaron dunha mañá chea de xogos, convivencia, deporte, cultura...  xogamos á corda, á mariola, aos birlos, ao arrastramortos...Vexamos algúns deses momentos!!!

O CAMIÑO DE SANTIAGO

Imagen
  Estos días estivemos colaborando co CPR Santiago Apóstol de Soutomaior, que están elaborando unha exposición sobre o camiño portugués a Santiago. Neste ano Xacobeo están facendo un traballo de campo moi interesante sobre o Camiño, que pasa polo concello de Soutomaior, pola parroquia de Arcade, e nós, desde Ponteareas, quixemos poñer o noso granciño de area no seu proxecto. Pareceunos unha idea moi interesante e moi gratificante. Ata pronto!!

8 de MARZO

Imagen
  Onte foi 8 de marzo, o día internacional da muller. Cada día traballamos no colexio para que non existan diferencias de xénero, raza, relixión ou de calquera outro tipo. Falamos da mulleres, do seu labor na vida familiar, profesional, social... Os nenos e nenas do futuro deben seguir avanzando neste eido. Desde o equipo de dinamización quixemos facer unha pequena homenaxe a algunha das mulleres galegas que marcaron a súa época. @mansdeouro

O XARDÍN DE ROSALÍA

Imagen
Rosalía de Castro naceu un 23 de febreiro de hai 185 anos. Este é o primeiro ano no que celebramos o seu día o 23 e non o 24 como viñamos facendo todos os anos. Este cambio produciuse despois de que se confirmase que a autora de Cantares Gallegos nacera un 23 de febreiro.  Por que se viña celebrando o día 24? Pois porque esa era a data do seu bautismo. Pero ben sexa o 23 ou o 24 non debemos esquecer nunca que é unha figura fundamental para a lingua, a cultura e a terra galega.  Rosalía de Castro é, sen dúbida, un símbolo de Galicia.  E no Bouza Brey non queriamos ser menos, e celebramos o día coa flor preferida de Rosalía, o pensamento.