Entradas

XOGOS POPULARES 2023

Imagen
 E OUTRO ANO MÁIS CHEGAMOS Á SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, EMPEZAMOS COA XORNADA DE XOGOS POPULARES. XOGOS COMO A RÁ, O TRES EN LÍNEA, O ARRASTRAMORTOS, OS SACOS, OS ZANCOS, A CORDA... UN ANO MÁIS FOI MOI DIVERTIDO PARTICIPAR NESTA XORNADA. NORABOA AOS NOSOS NENOS E NENAS POR PARTICIPAR DE XEITO TAN IMPECABLE NESTA ACTIVIDADE. 

NA CASA, NA ESCOLA BOTA A LINGUA FORA

Imagen
ONTE DÍA 3 PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA QUE SE CELEBROU EN PONTEAREAS. FORMAMOS PARTE DOS 1400 NENOS E NENAS QUE PERCORRERON AS RÚAS DA VILA E GOZAMOS DO CONCERTO NA FEIRA VELLA. UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA!!

ROSALÍA DE CASTRO

Imagen
 Á volta do entroido celebramos o día de Rosalía pintando grafismo e aprendendo algúns datos importantes sobre a nosa gran embaixadora da lingua e da terra.     💓💓💓💓

CÁMBIOCHE UN BESO POR UN BICO....E SAES GAÑANDO!

Imagen
 NON O DUBIDES.....E NAMÓRATE DA LINGUA!!!!

SAMAIN XA ESTÁ AQUÍ!!!!!

Imagen
 Esta semana estamos celebrando o Samaín, con cabazas terroríficas, merendas e todos e todas vestidas con traxes que dan moito moito medo!!!!!! Que ben o pasamos!!!!!! Mirade algunhas das que fixeron os nosos artistas!!!

CAMISETA EN GALEGO!!!

Imagen
Esta semana celebramos o día da camiseta en lingua galega!!! Como nos últimos anos, foi todo un éxito, e desde aquí, queremos agradecer a todos a súa participación. Alumnos, alumnas e profes fixeron posible unha xornada moi divertida. Debido á pouca oferta de camisetas serigrafiadas en galego, a maior parte das familias obtaron por facelas eles mesmos. E foi marabilloso. Deixámosvos algunhas fotiños para que vexades que artistas temos!!!  GRAZAS!!!

XORNADA DE XOGOS POPULARES 2022

Imagen
 Como cada ano celebramos, na semana das letras galegas, a xornada de xogos populares. Foi un éxito, os nenos e nenas gozaron dunha mañá chea de xogos, convivencia, deporte, cultura...  xogamos á corda, á mariola, aos birlos, ao arrastramortos...Vexamos algúns deses momentos!!!