Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

8 de MARZO

Imagen
  Onte foi 8 de marzo, o día internacional da muller. Cada día traballamos no colexio para que non existan diferencias de xénero, raza, relixión ou de calquera outro tipo. Falamos da mulleres, do seu labor na vida familiar, profesional, social... Os nenos e nenas do futuro deben seguir avanzando neste eido. Desde o equipo de dinamización quixemos facer unha pequena homenaxe a algunha das mulleres galegas que marcaron a súa época. @mansdeouro

O XARDÍN DE ROSALÍA

Imagen
Rosalía de Castro naceu un 23 de febreiro de hai 185 anos. Este é o primeiro ano no que celebramos o seu día o 23 e non o 24 como viñamos facendo todos os anos. Este cambio produciuse despois de que se confirmase que a autora de Cantares Gallegos nacera un 23 de febreiro.  Por que se viña celebrando o día 24? Pois porque esa era a data do seu bautismo. Pero ben sexa o 23 ou o 24 non debemos esquecer nunca que é unha figura fundamental para a lingua, a cultura e a terra galega.  Rosalía de Castro é, sen dúbida, un símbolo de Galicia.  E no Bouza Brey non queriamos ser menos, e celebramos o día coa flor preferida de Rosalía, o pensamento.

Un corazón grande énchese con pouco!!!!

Imagen
 En febreiro celebramos o día da amizade e do amor, porque é moi importante ter os nosos corazóns cheos de cousas boas...

MÁIS QUE NUNCA BERRAMOS PAZ

Imagen
Este ano volvemos celebrar o día da paz, esta vez, quizáis con máis forza que nunca, porque este ano queren quitárnola. Temos que educar para a paz, porque é unha palabra tan pequena que significa tanto... Cando a temos non a valoramos pero cando nos falta o sentimento que albergamos é demoledor. Os nosos alumnos e alumnas escribiron cartaces nos que poñían as palabras que significan a paz,  palabras que hoxe en día valen máis ainda que hai uns meses. Hoxe sí que BERRAMOS PAZ para que nos escoiten TODOS. E, desde o Bouza Brey, enviamos todo o noso cariño e forza a todos os nenos e nenas que están sufrindo agora a rabia e a desgraza da guerra.