O XARDÍN DE ROSALÍA

Rosalía de Castro naceu un 23 de febreiro de hai 185 anos. Este é o primeiro ano no que celebramos o seu día o 23 e non o 24 como viñamos facendo todos os anos. Este cambio produciuse despois de que se confirmase que a autora de Cantares Gallegos nacera un 23 de febreiro.  Por que se viña celebrando o día 24? Pois porque esa era a data do seu bautismo.

Pero ben sexa o 23 ou o 24 non debemos esquecer nunca que é unha figura fundamental para a lingua, a cultura e a terra galega.  Rosalía de Castro é, sen dúbida, un símbolo de Galicia.

 E no Bouza Brey non queriamos ser menos, e celebramos o día coa flor preferida de Rosalía, o pensamento.










Comentarios

Entradas populares de este blog