Xa chegou o Apalpador!!!!!!

 Como ben sabedes, o apalpador, é un home de barba rubia e pelo rubio. Vive na montaña facendo carbón para escorrentar o frío do inverno.  Polo Nadal baixa ata as aldeas para ver se os nenos e nenas están ben alimentados; déixalles un puñado de castañas para que non pasen fame. 

Na súa visita á nosa escola, o apalpador non trouxo castañas, pero deixou uns chocolates para todos os nenos e nenas; despois de decirlles que deben comer de todo, froitas, verduras, peixe.....

O cole estivo adornado coas cousas que fixeron as familias, e só podemos dicir GRAZAS POLA COLABORACIÓN, coma sempre é IMPRESIONANTE. 












Comentarios

Entradas populares de este blog

O DÍA DA CAMISETA EN LINGUA GALEGA