Á volta do entroido celebramos o día de Rosalía pintando grafismo e aprendendo algúns datos importantes sobre a nosa gran embaixadora da lingua e da terra. 💓💓💓💓
Este ano volvemos celebrar o día da paz, esta vez, quizáis con máis forza que nunca, porque este ano queren quitárnola. Temos que educar para a paz, porque é unha palabra tan pequena que significa tanto... Cando a temos non a valoramos pero cando nos falta o sentimento que albergamos é demoledor. Os nosos alumnos e alumnas escribiron cartaces nos que poñían as palabras que significan a paz, palabras que hoxe en día valen máis ainda que hai uns meses. Hoxe sí que BERRAMOS PAZ para que nos escoiten TODOS. E, desde o Bouza Brey, enviamos todo o noso cariño e forza a todos os nenos e nenas que están sufrindo agora a rabia e a desgraza da guerra.
Hai uns días celebramos unha videochamada cos alumnos e alumnas do EEI A Marisma de Redondela. Falamos do Corpus, da Coca, das alfombras....festa que temos en común! Foi unha experiencia moi enriquecedora e aos nos@s alumn@s encantoulles!!!!!
Comentarios
Publicar un comentario