Nesta entrevista Ángel Carracedo fálanos da importancia da nosa lingua na ciencia. Andar polo mundo non implica esquecer o noso, todo o contrario. Non perdades ocasión de escoitalo. Merece a pena!!!
Á volta do entroido celebramos o día de Rosalía pintando grafismo e aprendendo algúns datos importantes sobre a nosa gran embaixadora da lingua e da terra. 💓💓💓💓
Este ano volvemos celebrar o día da paz, esta vez, quizáis con máis forza que nunca, porque este ano queren quitárnola. Temos que educar para a paz, porque é unha palabra tan pequena que significa tanto... Cando a temos non a valoramos pero cando nos falta o sentimento que albergamos é demoledor. Os nosos alumnos e alumnas escribiron cartaces nos que poñían as palabras que significan a paz, palabras que hoxe en día valen máis ainda que hai uns meses. Hoxe sí que BERRAMOS PAZ para que nos escoiten TODOS. E, desde o Bouza Brey, enviamos todo o noso cariño e forza a todos os nenos e nenas que están sufrindo agora a rabia e a desgraza da guerra.
Como cada ano, os alumnos e alumnas do noso colexio, trouxeron verdadeiras obras de arte feitas con materiais do outono, landras, piñas, follas, cortizas, cabazas.... Por iso somos tan grandes, porque os nosos nenos e nenas así nos fan. Algúns exemplos son estes, pero houbo moitos moitos máis. GRAZAS FAMILIAS
Comentarios
Publicar un comentario