Á volta do entroido celebramos o día de Rosalía pintando grafismo e aprendendo algúns datos importantes sobre a nosa gran embaixadora da lingua e da terra. 💓💓💓💓
Como o ano pasado traballamos o Corpus co EEI A Marisma de Redondela. Achegáronnos un traballo espectacular sobre o Corpus na súa vila, e nós, pola nosa banda, enviámoslles un sobre o Corpus en Ponteareas. Foi unha experiencia moi moi gratificante.
Como ben sabedes, o apalpador, é un home de barba rubia e pelo rubio. Vive na montaña facendo carbón para escorrentar o frío do inverno. Polo Nadal baixa ata as aldeas para ver se os nenos e nenas están ben alimentados; déixalles un puñado de castañas para que non pasen fame. Na súa visita á nosa escola, o apalpador non trouxo castañas, pero deixou uns chocolates para todos os nenos e nenas; despois de decirlles que deben comer de todo, froitas, verduras, peixe..... O cole estivo adornado coas cousas que fixeron as familias, e só podemos dicir GRAZAS POLA COLABORACIÓN, coma sempre é IMPRESIONANTE.
Noraboa!! Precioso!
ResponderEliminarMoi ben Feito. Noraboa rapaces!!!!
ResponderEliminar