CANDO AÍNDA PODIAMOS ESTAR XUNTOS E DARNOS APERTAS, CELEBRAMOS NO COLEXIO O DÍA DA CAMISETA EN LINGUA GALEGA. MERECEU A PENA, POR ESTAR XUNTOS, POR CAMIÑAR XUNTOS, POR SER NÓS. GRAZAS AOS "NOSOS PEQUES" POR ESE SORRISO ETERNO QUE NOS ADICADES.
O PASADO MÉRCORES 16 DE MAIO DISFRUTAMOS DA XORNADA DE XOGOS POPULARES NO COLEXIO. FOI UN DÍA XENIAL NO QUE APRENDEMOS, COMPARTIMOS, XOGAMOS, RESPETAMOS, COLABORAMOS, ANIMAMOS... GRAZAS A TODOS POR FACER ESTA ACTIVIDADE REALIDADE. E.D.L.G.
Este ano volvemos celebrar o día da paz, esta vez, quizáis con máis forza que nunca, porque este ano queren quitárnola. Temos que educar para a paz, porque é unha palabra tan pequena que significa tanto... Cando a temos non a valoramos pero cando nos falta o sentimento que albergamos é demoledor. Os nosos alumnos e alumnas escribiron cartaces nos que poñían as palabras que significan a paz, palabras que hoxe en día valen máis ainda que hai uns meses. Hoxe sí que BERRAMOS PAZ para que nos escoiten TODOS. E, desde o Bouza Brey, enviamos todo o noso cariño e forza a todos os nenos e nenas que están sufrindo agora a rabia e a desgraza da guerra.
Noraboa!! Precioso!
ResponderEliminarMoi ben Feito. Noraboa rapaces!!!!
ResponderEliminar